osmose

osmose

1 osm- + -ose

Plural: osmoses
  1. s f [QUÍM/FÍS ]

    Tendencia a pasar disolvente da solución menos concentrada á máis concentrada, nun sistema formado por dúas solucións de concentracións diferentes, pero co mesmo disolvente, separadas por unha membrana semipermeable.

  2. osmose inversa [QUÍM/FÍS ]

    Osmose en que as moléculas de disolvente pasan da disolución máis concentrada á menos concentrada pola acción dunha presión que supera a presión osmótica do sistema.