osmótico -ca
osmótico -ca
Plural:
osmóticos
Masculino:
osmótico
Masculino plural:
osmóticos
Feminino:
osmótica
Feminino plural:
osmóticas
-
adx
Relativo ou pertencente á osmose.
-
choque osmótico
[QUÍM/FÍS/BIOL ]
Cambio repentino na presión osmótica que afecta a un sistema ou organismo vivo.
-
coeficiente osmótico
[QUÍM/FÍS ]
Coeficiente que inclúe todos os factores que expresan a desviación do comportamento dunha solución respecto do comportamento ideal.
-
presión osmótica
[QUÍM/FÍS ]
Diferenza de presión entre os dous lados dunha membrana semipermeable que separa dúas solucións de concentracións diferentes cando o sistema está en equilibrio.