observancia

observancia

lat observantĭa

Plural: observancias
  1. s f

    Cumprimento exacto do que prescribe unha lei, unha regra ou unha relixión.

  2. antiga/primitiva/estrita observancia [RELIX ]

    Observancia máis estrita da regra que, en certas ordes relixiosas como os beneditinos ou os carmelitas, é consecuencia dunha reforma, en contraposición a ulteriores evolucións ou desviacións dela.