observador -ra

observador -ra
Plural: observadores Masculino: observador Masculino plural: observadores Feminino: observadora Feminino plural: observadoras
  1. adx

    Que observa. Tm s, referido a persoa.

  2. s
    1. Persoa que asiste a unha asemblea ou unha reunión sen dereito a intervir nos debates, senón unicamente para presenciar o seu desenvolvemento e para dar conta a quen o comisionou.

    2. Persoa encargada de observar unha situación económica, política ou social.

  3. s
    1. Militar que ten por misión observar os obxectivos e as posicións do inimigo e corrixir o tiro das armas propias.

    2. Militar agregado a unha unidade distinta da súa ou a un exército estranxeiro para recoller información sobre as súas actividades.

  4. s m [TECNOL ]

    Subsistema que efectúa a observación ou estimación das variables de estado dun sistema.