observación

observación

lat observatiōne

Plural: observacións
  1. s f

    Acción de observar.

  2. s f

    Comentario ou indicación que se fai sobre algo ou alguén.

  3. s f [FILOS ]

    Método científico que se diferencia da experimentación en que non hai intervención do suxeito cognosciente para modificar as condicións do fenómeno.

  4. s f [MAR ]

    Medida efectuada polo piloto dunha embarcación, que permite a determinación da posición e do rumbo.

Citas

  • Fíxolle algunhas observacións sobre o seu comportamento