novela

novela

ital novella

Plural: novelas
  1. s f

    Obra literaria en prosa, de certa extensión e que narra feitos imaxinarios, total ou parcialmente, enlazados nunha única acción.

    1. s

      Xénero literario que está constituído por este tipo de narracións.

    2. novela de aventuras

      Novela en que predomina a acción sobre a reflexión e en que suceden acontecementos inesperados e mesmo extraordinarios.

    3. novela de cabalarías/cabaleiresca

      Novela que protagoniza un cabaleiro andante. Tiveron a súa época de esplendor entre os ss XII e XVI.

    4. novela de espías

      Xénero literario que naceu no s XIX e que adoita ter como temas fundamentais a fuga ou o descubrimento por parte do heroe dunha verdade que se pretende manter oculta por diversos motivos.

    5. novela negra

      Xénero literario que xurdiu en EE UU a finais da década de 1920 que, baseado na estrutura e trama propias da novela policial, incidiu nos aspectos máis turbios da sociedade contemporánea, identificando de maneira máis ou menos explícita os métodos e os obxectivos dos representantes da orde establecida e dos delincuentes. 6

  2. s f

    Feito extraordinario da vida real que semellan ficción.

Sinónimos

Citas

  • A súa vida é unha novela, sempre lle pasan cousas raras
  • Vaia novela lle contou a súa nai para que o deixara saír!