miserable

miserable

lat miserabĭle

Plural: miserables
  1. adx

    Que é digno de compaixón pola súa desgraza ou pobreza.

  2. adx

    Que é moi pobre.

  3. adx

    Que ten escaso ou ningún valor.

  4. adx

    Que fai grandes maldades. Tm s, referido a persoa.

  5. adx

    Que está moi apegado ao diñeiro. Tm s, referido a persoa.

Sinónimos

Citas

  • Deunos unha miserable moeda a cada un
  • Fixo unha miserable doazón ao hospital, É un miserable, non nos quixo dar o aguinaldo
  • Non pensei que fixera algo tan miserable, É un miserable, nin merece que lle dirixas a palabra
  • Non podían esquecer a expresión daquela miserable nai
  • Vivía nun miserable alpendre