miseria

miseria

lat miser ǐ a

Plural: miserias
  1. s f

    Falta moi grande de bens materiais para vivir.

  2. s f

    Cantidade moi pequena de algo.

  3. s f

    Situación que move á compaixón.

  4. s f

    Acción moral de carácter mesquiño.

  5. s f

    Conxunto de elementos que indican extrema pobreza.

Sinónimos

Citas

  • A miseria daquela muller facía que todos os veciños a axudasen
  • Deulle os cartos cunha miseria que daba noxo
  • Deulle unha miseria de cartos para comprar o coche
  • Era un país fundido na miseria que apenas tiña recursos económicos
  • Nunca vira tanta miseria naquela rexión
  • Traía tanta miseria enriba que houbo que bañalo dúas veces

Refranes

  • Cando a raposa anda aos grilos, non hai para ela nin para os fillas.
  • Mal lle vai ao raposo, cand<;> anda aos grilos.
  • Vale máis ser media merda que merda enteira.