ángulo
lat angulu
-
-
s
Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.
-
ángulo agudo
Ángulo menor ca o recto.
-
ángulo diedro
Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.
-
ángulo do centro
Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.
-
ángulo obtuso
Ángulo maior ca o recto.
-
ángulo plano
Ángulo que ten os lados formando unha soa recta.
-
ángulo poliedro
Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.
-
ángulo recto
Ángulo que ten os lados perpendiculares.
-
ángulos adxacentes
Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.
-
ángulos complementarios
Dous ángulos convexos que suman un ángulo recto.
-
ángulos contiguos
Dous ángulos que teñen o vértice e un lado común, sen estar un contido no outro.
-
ángulos opostos
Ángulos que teñen o mesmo vértice e nos que os lados dun, son a prolongación dos lados do outro.
-
ángulos suplementarios
Dous ángulos convexos que suman dous ángulos rectos.
-
s
-
-
ángulo de abertura
Ángulo do cono de raios que, nun sistema óptico, parte do obxecto que está limitado pola pupila de entrada.
-
ángulo de incidencia
Ángulo formado polo raio incidente e a normal a unha superficie, que separa os medios, no punto de incidencia.
-
ángulo de polarización
Ángulo co que debe incidir un raio de luz sobre unha superficie separadora de dous medios con índices de refracción diferentes para que na luz reflectida non haxa compoñente paralela ao plano de incidencia.
-
ángulo de refracción
Ángulo formado por un raio refractado e a normal á superficie, que separa os medios, no punto de incidencia.
-
ángulo límite
alor mínimo do ángulo de incidencia co que a luz pasa dun medio a outro de índice de refracción menor a partir do que ten lugar a reflexión total.
-
ángulo visual de dous puntos
Ángulo formado por dúas rectas que pasan por dous puntos e converxen no ollo.
-
ángulo de abertura
-
ángulo de contacto
[FÍS ]
Ángulo que forma a superficie dun líquido no punto en que este contacta coas paredes que o conteñen.
-
ángulo de diverxencia
[BOT ]
Ángulo que forman os dous planos mediais de simetría que corresponden a dúas follas inmediatamente consecutivas.
-
ángulo do cénit/acimutal
[ASTRON ]
Ángulo esférico formado no cénit polo meridiano celeste e a vertical do astro considerado.
-
ángulo facial
[ANTROP/FISIO ]
Ángulo formado pola intersección das dúas rectas, unha desde a fronte ata os alvéolos da mandíbula superior e outra desde aí ata o conduto auditivo.