angustia

angustia

lat angustĭa ‘estreito, crítico’

Plural: angustias
  1. s f

    Estado de aflición ou desasosego.

  2. angustia existencial
    1. Inquietude metafísica e moral que se manifesta na conciencia de ser un individuo separado do todo universal, feito que produce dor.

    2. Estado anímico, característico do ser humano, que lle revela a nulidade da súa existencia.

Sinónimos

Confrontaciones

agonía, congoxa

Citas

  • A angustia que arrastraba fíxoo decaer nese momento