amor

amor

lat amor

Plural: amores
  1. s m
    1. Afección profunda por unha persoa.

    2. Adhesión intensa e desinteresada a unha cousa, a uns principios ou a mandatos semellantes.

  2. s m

    Obxecto de amor, persoa estimada.

  3. s m [PSIC/BIOL ]

    Inclinación ou afección profunda por unha persoa baseada na atracción sexual, pero que a miúdo produce outros sentimentos.

  4. amor cortés [LIT ]

    Expresión coa que se designa a concepción amorosa dominante na literatura medieval e que arranca coa primeira tradición lírica que se expresa en lingua vulgar, a poesía provenzal.

  5. amor platónico

    Amor que exclúe conscientemente a relación sexual.

  6. amor propio

    Estima que ten alguén por si mesmo e o que leva a non deixar que ninguén se exceda con el.

  7. facer o amor
    1. Cortexar ou facer as beiras para obter o amor e os favores dunha persoa.

    2. Realizar o acto sexual.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Aproveitou no baile para facer o amor con todas as rapazas que acudiron a el
  • É unha persoa coas ideas moi claras, tenlle amor á patria, á liberdade, á xustiza e demais principios morais
  • Ela é o seu único amor, Sabemos que ten un amor en cada porto
  • Non fai o amor con ninguén porque pensa que é pecado
  • Nos anos sesenta estaba de moda o amor libre
  • Ten un amor pola súa nai que non é normal
  • Ten un amor propio que non lle deixa abandonar o traballo sen máis
  • Ten un grande amor polo estudio; segue a facer carreiras
  • Un profesor do colexio era o seu amor platónico

Frases hechas

  • Con/de mil amores.Cunha atenci

  • Por amor de Deus. Por caridade. Ex: ¡Por amor de Deus, d

Refranes

  • A auga nun cesto é coma o amor dun neno.
  • A forza do amor o que foxe, é vencedor.
  • A muller ou sabe querer ou sabe aborrecer.
  • A muller que a dous noivos quere ben ¡lévena os diaños, amén!
  • A toda lei, mozo falangueiro e fiel mais, se for calado, dáo ao diaño.
  • Aínda que o amor se encubra, mal se disimula.
  • Alá van os pes onde o corazón quer.
  • Ama a quen te ama e responde a quen te chama.
  • Ama coma se houberas de aborrecer e aborrece coma se houberas de amar.
  • Ama e serás amado, traballa e non pedirás emprestado.
  • Amando as cousas, de alleas parecen propias.
  • Amar a quen non te ama, é responder a que n non te chama.
  • Amar é bo; mellor é ser amado, porque unha cousa é servir e outra cousa é ter mando.
  • Amar é bo; ser amado é mellor: amar é ser criado, ser amado é ser señor.
  • Amar e reinar non queren par.
  • Amor coma o da nai, non o hai.
  • Amor de nai, outro mellor non haU
  • Amor de neno, auga nun cesto.
  • Amor de señor non é posesión.
  • Amor e aborrecemento non quitan coñecemento.
  • Amor e diñeiro non poden estar secretos.
  • Amor e fortuna andan de tuna.
  • Amor e gravidade non fan irmandade.
  • Amor e maxestade non fan irmandade.
  • Amor e morte, nada máis forte.
  • Amor e reino non queren parceiro.
  • Amor encollido, mal correspondido.
  • Amor forasteiro, amor pasaxeiro.
  • Amor louco: eu por vós e vós por outro.
  • Amor mercado dáo por vendido.
  • Amor non cata liñaxe nin fe nin preito homenaxe.
  • Amor pasaxeiro, tantas vexo tantas quero.
  • Amor pobre e leña verde tamén arden, se se acenden.
  • Amor que non é atrevido, non é favorecido.
  • Amor que non é ousado, é pouco estimado.
  • Amor, coitas e diñeiro non se poden ter secretos.
  • Amor, diñeiro e coidado non pode estar enterrado.
  • Amor, fume e diñeiro non se poden encubrir moito tempo.
  • Amor, non hai nada mellor nin nada peor.
  • Amor, o da nai; que outro mellor non hai.
  • Amor, tos e fogo descóbrense logo.
  • Amores, amores, por un só pracer moitas dores.
  • Ande a lingua canto queira e estean as mans quedas.
  • As sopas e os amores, os primeiros son os mellores.
  • Ben ama quen nunca esquece.
  • Bico con bico o primeiTO ano de voda; o segundo cu con cu; o terceiro ¿ti que trouxeches? ¿que trougueches tu?
  • Cando o C!lxo de amor morre ¡que fará o que andar pode!
  • Cantas vexo, tantas quero e, se máis vira, máis quixera.
  • Canto máis o amor se esconde, máis forte.
  • Casado por amores, casado con dores.
  • Ceguei e casei; que, se non cegara, non casara.
  • Coidanos namorados que os demais teñen os ollos pechados.
  • Con amor págase amor.
  • Conta as túas penas a que n chas entenda / a quen saiba delas.
  • De namorado a louco vai moi pouco.
  • Do ver nace o querer, e do non ver nace o esquecer.
  • Dos biquiños saen os filliños / os meniños.
  • Erro de amor ben merece perdón.
  • Está feita a metá, porque anque ela non queira, eu quero xa.
  • Home namorado deixa a casa sen sobrado.
  • I O amor fai cantar.
  • Ira de namorados, amores dobrados.
  • Mal de amores non ten cura.
  • Mal se esconde o fogo que no peito arde.
  • Mal veciño é o amor pero, onde o non hai, é peor.
  • Mans frías e corazón quente, namoro de repente.
  • Mans quentes e corazón frío, amor perdido.
  • Na guerra do amor, o que foxe é o vencedor.
  • Nai e filla caben nunha camisa, sogra e nora non caben na tea toda.
  • Non chamo á vella, que chamo á que vai con ela.
  • Non foi mal pesco teu pai, que pescou á túa nai.
  • Non hai amor coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
  • Non hai amor nin diñeiro coma o primeiro.
  • Non hai cousa máis humilde có amor cando pretende.
  • Non has de anoxar á que n tes que contentar.
  • O amor á muller bota ás veces o home a perder.
  • O amor a ninguén dá honor e a todos dor.
  • O amor Ao comezo é malo mais é peor ao cabo.
  • O amor canto máis se esconda, máis se amosa.
  • O amor da muller na roupa do seu home tense que ver.
  • O amor das gatas entra e sae rabuñadas.
  • O amor desfaise coa ausencia.
  • O amor do soldado non é máis dunha hora.
  • O amor dos burros entra a couces e a dentadas.
  • O amor dos gatos, a berros polos telIados.
  • O amor e a fe nas obras se ve I ben se ve.
  • O amor e a gadaña queren forza e queren maña.
  • O amor é gala no mancebo e crime no vello.
  • O amor e o meniño, onde topan acariño.
  • O amor e o viño sacan o home de tino.
  • O amor é tan xordo coma cego.
  • O amor é un pracer e o honor é un deber.
  • O amor e"o xantar hanse de comer antes de enfriar.
  • O amor fai moito e o difieiro faino todo.
  • O amor fai tolos dos cordos e sabios dos parvos.
  • O amor fai valentes.
  • O amor non hai forza que o venza nin o torza.
  • O amor non quere consello.
  • O amor non se gaña senón con amor.
  • O amor non ten cerradeiros en huchas nin celeiros.
  • O amor nunca di: ¡Ahonda!.
  • O amor pobre tamén se acende cando pode.
  • O amor polos ollas entra no corazón.
  • O amor primeiro endexamais se esquece.
  • Ó amor que a pouco se atreve chámanlle neve.
  • O amor que arde de présa, consómese logo.
  • O amor que se muda cando quer, amor non pode ser.
  • O amor sen conversación é como gaita sen punteiro nin roncón.
  • O amor tódalas cousas iguala.
  • O amor todo o pode I vence.
  • O amor verdadeiro entra polo mexadeiro.
  • O amor verdadeiro non sofre.
  • O amor verdadeiro, coma o borrallo, garda a quentura moitos anos.
  • O malo amalo e, se non, deixalo.
  • O malo amalo.
  • O mozo atrevido é da moza máis querido.
  • O mozo non ten a culpa, cando a moza o busca.
  • O primeiro amor é o mellor.
  • O primeiro ano bico con bico; o segundo, cu con cu; o terceiro ¿ti que trouxeches?, ¿que trougueches tu?
  • O que a feo quere, bonito lle parece.
  • O que a feo quere, fermoso lle parece.
  • O que de mozo novo non tolea, de mozo vello perde a cabeza.
  • O que feo ama, fermoso lle parece.
  • O que se ama non ten espaldas.
  • O querer verdadeiro entra.polo mexadeiro.
  • Obras son amores e non palabras doces.
  • Onde hai gran amor, hai gran dor.
  • Onde hai querer, todo se fai ben.
  • Onde non hai amor non hai dor.
  • Os amores dos gatos comezan maiando e acaban rabuñando.
  • Os amores entran rindo e acaban chorando e carpindo.
  • Os amores novos fan esquecer os vellos.
  • Os amores prometen alegrías e dan dores.
  • Os primeiros amores son os mellores,
  • Os que ben se queren no camiño se atopan.
  • Para o amor e a morte non hai casa forte.
  • Peitos de muller, froita de tolos: mÍrana moitos e cátana e cómena poucos.
  • Polos santos bícanse as pedras, a causa das mozas agasállanse as vellas.
  • Quen ama e non é amado, de malas armas está armado.
  • Quen ama, teme.
  • Quen ben ama, tarde esquece.
  • Quen ben quere, tarde esquece.
  • Quen ben te queira, farate chorar.
  • Quen casa por amores, pasa mal os dias e, en troques, ten boas noites.
  • Quen che deu o fel darache o mel.
  • Quen mal quere aos seus, mal quererá aos alleos.
  • Quen non te ama, burlando te desfama.
  • Quen se casa por amores, vivirá con "sinsabores".
  • Querer e esquecer non todos o poden facer.
  • Rifan os amantes e quérense máis que antes.
  • Sempre vai a lingua a onde doe a moa.
  • Tal feitizo é o amor, que non o hai mellor.
  • Tal hora o corazón laia, anque a lingua cala.
  • Tanto lle quere o demo aos fillos, que os quere ver asados e cocidos.
  • Vanse os amores e quedan as dores.
  • Vánselle á galiña os ollos aIí onde pon os ovos.
  • ¡A man estea queda, anque a lingua vaia e veña!
  • ¡Ai, Bras, que tanto dis que me queres e tanto sufrir me fas!