orgullo

orgullo

cat orgull

Plural: orgullos
  1. s m

    Exceso de estima de si mesmo que fai que alguén se considere superior aos outros.

  2. s m

    Sentimento lexítimo da propia dignidade ou das propias obras.

  3. s m

    Persoa ou cousa que é motivo de orgullo.

Antónimos

Citas

  • Chea de orgullo paseaba no seu coche novo
  • É un orgullo para Cangas ter un campión olímpico entre os seus veciños, Era un orgullo para el ocupar ese posto
  • Sentía orgullo de ser galego

Refranes

  • As aguias non cazan moscas.
  • Mellor é crebarse que rebaixarse.
  • Onde eu estea, estará sempre a cabeceira.
  • ¡Bailo tan ben e bótanme do turreiro!