emersión

emersión

lat emersĭōne

Plural: emersións
  1. s f

    Acción e efecto de emerxer.

  2. s f [ASTRON ]

    Reaparición dun astro despois da súa eclipse ou ocultación por outro.

  3. s f [XEOL ]

    Ascensión de terra firme na zona litoral, por riba do nivel do mar, debido a diversos procesos xeomorfolóxicos e tectónicos.

  4. s f [MAR ]

    Proceso en que a zona intermareal queda ao descuberto polo refluxo mariño.