independencia

independencia

1 in- + dependencia

Plural: independencias
  1. s f

    Calidade de independente.

  2. s f
    1. Situación ou condición de independiente.

    2. [POLÍT ]

      Situación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.

  3. independencia estocástica [MAT ]

    Relación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se den A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente.

  4. independencia funcional [MAT ]

    Propiedade de que goza unha familia de funcións f 1 , f 2 ,..., f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 , f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n )) (x) = F(f 1 (x), f 2 (x),..., f n (x)).

  5. independencia lineal [MAT ]

    Relación entre un conxunto de vectores, nun espazo vectorial E sobre un corpo C, tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos.

Citas

  • Apoiamos a independencia das súas decisións
  • Vive con independencia

Refranes

  • Cada paxariño fai o seu niño.
  • Cada rato ten o seu burato.
  • Cada rato ten o seu niño e cada muller o seu abrigo.
  • Non hai mellar medianeiro que cada un por si mesmo.
  • Vale máis arrieiro dunha besta que criado dunha recua.