independente

independente

1 in- + dependente

Plural: independentes
  1. adx
    1. Que non depende doutra.

    2. Aplícase a unha nación ou a un estado que goza de independencia política.

  2. adx

    Que non ten relación ou conexión con outra cousa.

  3. adx

    Que pode expresar libremente as súas opinións e actitudes.

  4. adx

    Que non necesita da axuda, compañía ou afecto de ninguén.

  5. adx

    Que intervén en política sen pertencer a ningún partido.

  6. adx [LING ]

    Que non depende de ningún outro elemento lingüístico.

  7. teatro independente [ESPECT ]

    Movemento teatral que se desenvolveu en toda España nas décadas de 1960 e 1970, moi vinculado ao teatro universitario, que supoñía unha resposta ao teatro comercial.

Antónimos

Citas

  • Fixeron unha avaliación independente da dos demais
  • Son persoas libres e independentes
  • Ten unha actitude independente
  • Teñen a cociña independente do salón
  • Xa desde pequeno era un rapaz independente