incomunicación

incomunicación

1 in- + comunicación

Plural: incomunicacións
  1. s f

    Acción e efecto de incomunicar.

  2. s f

    Falta de comunicación entre persoas.

  3. s f
    1. Situación provisional e transitoria que pode acordar o xuíz coa finalidade de impedir que os presos traten con alguén por calquera medio.

    2. Separación acordada polo xuíz co fin de illar das testemuñas o presunto autor dun delito para evitar a confabulación entre eles.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A incomunicación entre pais e fillos é causa de moitos conflictos
  • A nevada pode causar a incomunicación co norte da rexión