comunicación

comunicación

lat comunicatĭōne

Plural: comunicacións
    1. s

      Acción de comunicar ou de comunicarse.

    2. s [LING ]

      Intercambio verbal de información no que un individuo (emisor) produce unha mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario.

    3. s [COMUN ]

      Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico ou vía satélite.

    4. s [SOCIOL/FILOS ]

      Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais.

    5. comunicación animal [ZOOL ]

      Transmisión de información entre animais que ten como finalidade provocar un cambio na conduta.

    6. comunicación de masas / [COMUN/SOCIOL ]

      Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público a través dos medios de comunicación de masas.

    7. comunicación non verbal / [SOCIOL/FILOS ]

      Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal.

  1. s f
    1. Medio polo que se establece un contacto ou unión entre dous lugares.

    2. Conxunto de camiños, estradas, carrís, rutas marítimas ou rutas aéreas que permiten o contacto entre dous puntos xeográficos.

  2. s f

    Escrito co que se informa de algo, normalmente de forma oficial, ou cousa que se comunica.

  3. s f

    Estudo científico que se presenta nunha reunión de estudosos.

  4. comunicación interauricular [PAT ]

    Malformación conxénita do corazón pola presenza dun orificio na parede interauricular que dá lugar ao paso anormal de sangue dunha aurícula a outra.

  5. comunicación interventricular [PAT ]

    Malformación conxénita do corazón pola presenza dun orificio na parede interventricular, que dá lugar ao paso anormal de sangue dun ventrículo ao outro.

Citas

  • A comunicación telefónica permitiu unha relación directa a distancia
  • As comunicacións terrestres quedaron destruídas despois do temporal
  • Entre as dúas vilas a comunicación é moi mala
  • No congreso sobre literatura galega houbo varias comunicacións sobre a figura de Méndez Ferrín
  • Recibiu a comunicación do xulgado que o citaba para o día seguinte