inclusión

inclusión

lat inclusĭōne

Plural: inclusións
  1. s f

    Acción e efecto de incluír.

  2. s f [BIOL ]

    Partícula ou corpúsculo sólido que hai no citoplasma celular onde se acumulan substancias de natureza variada.

  3. s f [XEOL/FÍS/QUÍM ]

    Substancia que queda englobada no interior dun cristal no momento de cristalizar.

  4. s f [BIOL ]

    Técnica histolóxica que consiste na introdución dunha substancia nun material biolóxico para darlle consistencia e poder cortalo en seccións finas ou superfinas.

  5. s f [MAT ]

    Pertenza, na álxebra de clases e na de relacións, de todos os membros dunha clase a outra ou dunhas relacións a outras.

  6. s f [MAT ]

    Relación de orde parcial entre conxuntos, definida pola condición A 0 B (A está incluído no conxunto B ou que A é un subconxunto de B), se, e soamente se, todos os elementos de A pertencen a B.

  7. s f [IND ]

    Partícula, nun metal ou aliaxe, heteroxénea a este que queda incluída na masa metálica solidificada.

  8. s f [XEOL ]

    Tratamento dunha mostra de solo con produtos aglutinantes para poder facer cortes microscópicos.

Sinónimos