gusto
gusto
lat gustu
-
s
m
[FISIOL ]
Sentido que permite percibir o sabor das diferentes substancias e que no ser humano se localiza na boca, na parte anterior do veo do padal e na lingua, onde existen unhas terminacións nerviosas que transmiten as diferentes sensacións gustativas.
-
s
m
Sensación que produce unha substancia na lingua e no padal.
-
s
m
-
Sensación pracenteira que provoca no ánimo ou nos sentidos algunha cousa.
-
ontade ou actitude favorable coa que se fai algo.
-
-
s
m
-
Maneira persoal ou colectiva de apreciar ou sentir algo.
-
Capacidade que ten alguén para apreciar a beleza.
-
-
s
m
-
Satisfacción que alguén sente ou busca en algo non imprescindible.
-
Aplícase a aquilo que se desexa ou que produce satisfacción.
-
Sinónimos
Citas
- Dá gusto estar ao sol
- Empezou a estudiar con moito gusto, pero axiña o deixou
- Este moble foi un gusto del
- Este queixo non ten bo gusto, non sei se estará malo
- Para o meu gusto ía mal vestida, Non comparto o gusto musical desa época
- Ten bo gusto para elixir a roupa
- Ten o gusto de pintar el só toda a casa
Refranes
- A quen Deus quere ben, a casa lle gusta e o lar tamén; e a quen mal, nin a casa nin o lar.
- Cando chove, nunca chove a gusto de todos.
- Carga que con gusto se leva, pouco pesa.
- Comer e casar, a gusto; vestir e calzar, Ao uso.
- Cómese toda a vaca, porque uns queren da perna e outros da faldra.
- Entre gustos non hai disputas.
- Hai gustos que merecen pauso
- Leva o teu ao mercado: uns diranche bo e outros diranche malo.
- Máis ben me sabe a miña cebola cá carne da túa ola.
- Non sabe ben a cea que se come na casa allea.
- Non sabe ben o xantar que se come no alleo lar.
- Nunca chove a gusto de todos.
- Ó gusto estragado, o doce fáiselle amargo.
- O que un aborrece, outro o apetece.
- O que un non quere outro o cobiza I o apetece.
- O que unha idade apetece, outra aborrece.
- Olio s hai que de lagañas se namoran.
- Por ¡so se vende a vaca, porque a un gústalle o peito e a outro a espalda.
- Vale máis un gusto que cen pandeiros.