sabor

sabor

lat sapōre

Plural: sabores
  1. s m

    Propiedade que teñen moitas cousas de afectar ao órgano do gusto ou aos órganos do gusto e do olfacto.

  2. s m
    1. Sensación percibida polo sentido do gusto.

    2. Sensación producida na boca e percibida principalmente polos sentidos do gusto e do olfacto, pero tamén polos receptores dolorosos, táctiles e térmicos.

  3. s m [FÍS ]

    Termo empregado para distinguir os diferentes quarks ou leptóns.

Refranes

  • Ben sabe o bo bocado se non custase caro.
  • Despois de uvas e mel sabe mal o viño pero fai ben.