gusto

gusto

lat gustu

Plural: gustos
  1. s m [FISIOL ]

    Sentido que permite percibir o sabor das diferentes substancias e que no ser humano se localiza na boca, na parte anterior do veo do padal e na lingua, onde existen unhas terminacións nerviosas que transmiten as diferentes sensacións gustativas.

  2. s m

    Sensación que produce unha substancia na lingua e no padal.

  3. s m
    1. Sensación pracenteira que provoca no ánimo ou nos sentidos algunha cousa.

    2. ontade ou actitude favorable coa que se fai algo.

  4. s m
    1. Maneira persoal ou colectiva de apreciar ou sentir algo.

    2. Capacidade que ten alguén para apreciar a beleza.

  5. s m
    1. Satisfacción que alguén sente ou busca en algo non imprescindible.

    2. Aplícase a aquilo que se desexa ou que produce satisfacción.

Sinónimos

Citas

  • Dá gusto estar ao sol
  • Empezou a estudiar con moito gusto, pero axiña o deixou
  • Este moble foi un gusto del
  • Este queixo non ten bo gusto, non sei se estará malo
  • Para o meu gusto ía mal vestida, Non comparto o gusto musical desa época
  • Ten bo gusto para elixir a roupa
  • Ten o gusto de pintar el só toda a casa

Refráns

  • A quen Deus quere ben, a casa lle gusta e o lar tamén; e a quen mal, nin a casa nin o lar.
  • Cando chove, nunca chove a gusto de todos.
  • Carga que con gusto se leva, pouco pesa.
  • Comer e casar, a gusto; vestir e calzar, Ao uso.
  • Cómese toda a vaca, porque uns queren da perna e outros da faldra.
  • Entre gustos non hai disputas.
  • Hai gustos que merecen pauso
  • Leva o teu ao mercado: uns diranche bo e outros diranche malo.
  • Máis ben me sabe a miña cebola cá carne da túa ola.
  • Non sabe ben a cea que se come na casa allea.
  • Non sabe ben o xantar que se come no alleo lar.
  • Nunca chove a gusto de todos.
  • Ó gusto estragado, o doce fáiselle amargo.
  • O que un aborrece, outro o apetece.
  • O que un non quere outro o cobiza I o apetece.
  • O que unha idade apetece, outra aborrece.
  • Olio s hai que de lagañas se namoran.
  • Por ¡so se vende a vaca, porque a un gústalle o peito e a outro a espalda.
  • Vale máis un gusto que cen pandeiros.