folga

folga

folgar

Plural: folgas
  1. s f

    Situación na que está o que non realiza ningunha actividade ou descansa do traballo.

  2. s f

    Período de tempo que se deixa descansar un terreo de labor.

  3. s f

    Anaco de tempo pequeno.

    1. s

      Suspensión colectiva do traballo destinada a facer presión por parte dos asalariados co obxecto de acadar algunha reivindicación, relativa xeralmente a melloras de soldo ou das condicións de traballo.

    2. folga xeral / [SOCIOL/POLÍT ]

      Suspensión temporal e voluntaria do traballo levada a cabo simultaneamente en todos os oficios dunha ou varias localidades por parte dos asalariados, co obxecto de acadar reivindicacións laborais ou políticas e que pode ir acompañada doutras formas de acción, como piquetes ou manifestacións.

  4. folga de fame [POLÍT ]

    Medida de loita non violenta que consiste na práctica do xaxún voluntario.

Sinónimos

Citas

  • Díxome que esperase unha folga e estiven dúas horas agardando por el

Frases hechas

  • Andar de folga. Andar de festa e parranda.

  • Botar unha folga. Distraerse e divertirse.