descanso

descanso

descansar

Plural: descansos
  1. s m

    Acción de descansar.

  2. s m

    Aquilo que alivia a fatiga.

  3. s m

    Plano horizontal entre os tramos das escaleiras.

  4. s m

    Tempo en que se interrompe un acto ou un espectáculo.

  5. s m

    Obxecto sobre o que descansa unha cousa.

  6. [BÉL ]

    Posición que adopta a tropa despois de recibir a orde correspondente, que consiste en colocar o pé esquerdo lixeiramente máis adiantado que o dereito; cando se portan armas longas póusase a culata no chan; se non se levan, a man dereita suxeita o puño esquerdo.

  7. descanso semanal [DER ]

    Dereito do traballador a interromper a súa prestación de servizos un día e medio ininterrompido á semana, pero sen deixar de percibir a remuneración correspondente.

Sinónimos

Citas

  • No concerto houbo tres descansos
  • Que o fillo se quitara das drogas foi para el un descanso

Refranes

  • As veces descansar non é o mesmo que folgar.
  • bis O que quere descansar ten que saber o que é trabalIar.
  • Bótate na túa cama e pensa ben na túa casa.
  • Descansar, para non traballar.
  • Folgade, galiñas, que vos morreu o galo.
  • Moitas paradas fan os días pequenos.
  • O corpo na cama, se non dorme, descansa.
  • O moito folgar tamén chega a cansar.
  • O que non se cansa non sabe o que é descansar.
  • Ou na corte ou no cortelIo o gando quere o seu descanso e sosego.
  • Para o carro e mexaranche os bois.
  • Sempre andar e andar sen descansar, non hai corpo que o poida aturar.
  • ¡Alégrate, albardeiro, que se queima a palla!
  • ¡Folgade, galiñas, que o galo está nas vendimas!
  • ¡Folgade, galiñas, que o galo morreu!