facies
lat facĭes ‘cara’
-
s
f
Aspecto xeral de algo.
-
-
s
Expresión da cara nas enfermidades.
-
facies adenoide
Aspecto da cara dos nenos con vexetacións adenoides que manteñen a boca aberta.
-
facies hipocrática
Cara profundamente alterada, demacrada e cianótica, que indica a proximidade da morte.
-
facies leonina
Cara voluminosa e de faccións duras que se observa en certas formas de lepra.
-
s
-
s
f
-
Conxunto de características litolóxicas ou paleontolóxicas que definen unha unidade de rocha e que permiten identificala.
-
Asociación de minerais que compoñen unha rocha metamórfica e que reflicten as condicións de formación.
-
-
s
f
[PREHIST ]
Conxunto de peculiaridades da talla nas industrias líticas.
-
facies arqueolóxica
[ARQUEOL ]
Sucesión de estratos que permite testemuñar a existencia dunha secuencia cultural completa.
-
facies cultural
[ARQUEOL ]
Conxunto de características e de manifestacións dunha cultura.