facilidade

facilidade

lat facilītāte

Plural: facilidades
  1. s f

    Calidade de fácil.

  2. s f

    Habilidade que ten alguén para facer ou conseguir algo sen esforzo.

Antónimos

Citas

  • Ese rapaz ten moita facilidade para cantar
  • Este ano teño máis facilidade para aprobar, OBS: Adoita empregarse en plural, Déronme moitas facilidades para comprar o piso
  • Sempre fai comidas de gran facilidade

Refranes

  • Calquera é pastor con bo sol.
  • Cara a abaixo tódolos santos axudan.
  • Catro bois nun carro, se ben turran para arriba, mellor turran para abaixo.
  • Costas abaixo tódolos santos axudan.
  • Desa maneira calquera é panadeira.
  • Desa maneira non fai maneira/non é mester maneira.
  • Do pan encetado calquera pilla un bocado.
  • En pan encetado corta quen quere.
  • Pala costa abaixo non corre o que non quere.
  • Para abaixo calquera boi turra.