face

face

lat facĭes

Plural: faces
  1. s f

    Parte anterior da cabeza dunha persoa onde están os ollos, a boca e o nariz.

  2. s f
    1. Lado principal, en oposición ao posterior, dun obxecto plano ou laminar con dúas superficies.

    2. Parte dunha moeda, medalla ou selo, que ten representada a cara dunha divindade, rei ou calquera outro debuxo.

    3. [MAT ]

      Cada un dos planos que delimitan un ángulo diedro.

    4. [CONSTR ]

      Cada unha das superficies dunha obra.

  3. s f

    Parte visible de algo.

  4. Santa Face [RELIX/ARTE ]

    Representación do pano da Verónica co rostro de Xesús Cristo que, segundo a tradición, quedou gravado nel.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

fachada

Citas

  • A face da folla é moi rugosa, A face desa tea ten unha cor distinta
  • A moeda caeu coa face para arriba
  • Hai tempo que non o vexo, parece que desapareceu da face da Terra
  • O atracador cubría a face cunha media