cara

cara

lat cara

Plural: caras
  1. s
    1. Parte anterior da cabeza do ser humano constituída por un macizo óseo recuberto por abundantes grupos musculares e partes brandas.

    2. Parte anterior da cabeza dalgúns animais.

  2. s f

    Conxunto das faccións e a expresión natural que presenta a cara dunha persoa.

  3. s
    1. Aspecto ou maneira en que se presenta algo e que produce unha determinada impresión.

    2. Aspecto ou maneira en que se presenta un asunto ou negocio.

  4. s f
    1. Cada unha das superficies dunha cousa con forma de lámina.

    2. Superficie, normalmente a principal, en oposición a outra que aparece nun obxecto laminar.

    3. Parte principal dunha moeda, medalla ou selo que, xeralmente, amosa a cabeza ou a cara dunha divindade, rei, personaxe ou calquera outro debuxo.

  5. s f [MAT ]

    Plano que delimita un ángulo diedro.

  6. cara polar [TECNOL ]

    Superficie da peza polar que vai diante do entreferro nas máquinas eléctricas.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A cara da moeda tiña pintada a cabeza dun león
  • Á festa concorreron moitas caras coñecidas
  • A situación que me estás a contar tenme moi mala cara
  • Caracterízase pola súa cara alegre aínda que un pouco inexpresiva
  • Desde hai uns días ten mala cara e non hai quen o aguante
  • Morreron catro obreiros cando restauraban a cara da casa
  • O can que lle regalaron tiña a cara a manchas brancas e negras
  • O cancioneiro tiña fermosas miniaturas na cara dos pergamiños, Gustoulle máis o revés da tea cá cara
  • O profesor pediu un traballo breve escrito a dobre cara
  • O xantar que nos serviron tiña moi boa cara
  • Puxo cara seria cando lle dixo que tiña que lavar a roupa
  • Ten coidado co que che di, porque ten dúas caras

Frases hechas

  • A mal ano, boa cara. Afrontar un feito ou circunstancia adversos.

  • Cara de baqueta. Rostro serio e hostil da persoa malencarada.

  • Cara de non. Face que amosa mal talante.

  • Ter cara de tanto me ten. Rostro que mostra unha total indiferencia.

  • 2 Locuci

  • 3 Locuci

  • A caras e/ou cruces. Procedemento empregado para decidir algunha cousa

  • Andar a cara descuberta. Andar, quen non fai mal, con liberdade e sen temor a inxurias.

  • Arder a cara. Ruborizarse unha persoa.

  • Botar na cara. Recriminar ou censurar algunha cousa a algu

  • Cara a 1 Locuci

  • Cara de / can / cerralleiro / ferreiro/ noite/ poucos amigos / zarralleiro. Expresi

  • Cara de bo ano. Aquela que denota boa sa

  • Cara de chorados. Cara compunxida.

  • Cara de criba centeo. Insulto.

  • Cara de escachanoces. Cara que pon o rapaz desvergonzado e insolente cando fai unha trasnada.

  • Cara de excomungado. Faciana que mostra sobresalto ou pena.

  • Cara de fame. Persoa que est

  • Cara de ferreiro. Cara de estar incomodado.

  • Cara de festa. Cara expresiva e alegre por natureza.

  • Cara de fregar as olas/de limpar as olas. Rostro feo e sucio.

  • Cara de leite fervido. Persoa que ten a face moi branca.

  • Cara de macaco. Face cun foci

  • Cara de mexa na cama. Rostro que presenta mal aspecto.

  • Cara de noite. Face seria e enfadada.

  • Cara de pan. Rostro moi serio.

  • Cara de pao. Cara de rigor.

  • Cara de pascua. Rostro compunxido ou tam

  • Cara de rompefoles. Face da persoa a que parece que non lle importa nada.

  • Cara de rosa. Cara atractiva ou que presenta un bo aspecto.

  • Cara de tanto me ten. Face que se mostra indiferente.

  • Custar un ollo da cara. Ser moi caro.

  • Dar a cara. Actuar abertamente ou responder polos actos doutra persoa ter valor.

  • Dar/dicir algo a cara. Manifestar certos estados f

  • Lavar a cara a algo. Adular a algu

  • Non ter cara para nada. Non se atrever a facer nada.

  • Quitar a cara por un. Defender a unha persoa ante a ameaza doutras.

  • Ser un cara lavada. Non ter vergo

  • Ter a cara sarabiada. Ter a face chea de pintas.

  • Ter cara de vaite a cama e durme. Mostrar unha faciana con moito sono.

Refranes

  • Cara espiñosa, cara fermosa.
  • Non lle vai á cara mal a espiña camal.
  • O mal e o ben na cara se ven.

Palabras vecinas

caquexia caqui caqui cara carabao carabel carabela