excedente

excedente

exceder

Plural: excedentes
  1. adx

    Que excede.

  2. adx

    Que está en situación de excedencia. Tm s.

  3. s m [ECON ]

    Parte do produto social que sobrepasa o valor dos factores de produción empregados para obtelo.

  4. excedente de cupo [BÉL ]

    Parte dos recrutas que non se incorporan a filas por corresponderlle un número superior á cota prevista.

  5. excedente demográfico [DEMOG ]

    Parte da poboación que resulta sobrante en función dos recursos dispoñibles nun territorio e momento dado.