alegoría

alegoría

lat allegorĭa gr ἀ λληγορία gr ἄ λλος ‘outro’ + ἀ γορεύω ‘falar, arengar’

Plural: alegorías
  1. s f

    Aquilo que representa algunha cousa ou idea por semellanza suxestiva.

  2. s f [ARTE ]

    Representación metafórica de ideas abstractas mediante figuras ou temas plásticos.

  3. s f [LIT ]

    Figura retórica que consiste en desenvolver unha imaxe ou sucesión de imaxes, de maneira que expresen á vez un sentido directo e outro figurado, ambos os dous completos.

Confrontaciones

figura, imaxe, metáfora, símbolo

Citas

  • Esa alegoría da árbore representaba a unha persoa namorada