imaxe

imaxe

lat imagĭne

Plural: imaxes
  1. s f

    Representación exacta de algo ou alguén.

  2. s f
    1. Aparencia visible dun obxecto ou dunha persoa imitados polas artes plásticas ou gráficas.

    2. [ARTE/RELIX ]

      Representación de Xesús Cristo, a Virxe ou os santos.

  3. s m [FÍS ]

    Figura que está formada polo conxunto de interseccións dos raios luminosos que proceden de cada un dos puntos dun obxecto (imaxe real), ou ben polo conxunto de interseccións das prolongacións dos raios luminosos, despois de ser modificada a súa traxectoria ao incidir nun sistema óptico ou ao atravesalo (imaxe virtual).

  4. s f [COMUN ]

    Área total explorada, nos sistemas de televisión, polo feixe de electróns nos tubos analizadores e nos raios catódicos.

  5. s f [LIT ]

    Relación poética entre elementos reais e irreais, ou o termo irreal de dita relación.

  6. s f
    1. Representación interna no ámbito do cognoscible dun obxecto externo.

    2. Representación dunha experiencia perceptiva previa en ausencia da estimulación sensorial correspondente.

  7. s f

    Aspecto externo que ten alguén.

  8. s f

    Consideración que os demais teñen dunha persoa.

  9. s f
    1. Conxunto B dunha correspondencia definida como o subconxunto do produto cartesiano A´B.

    2. Cada un dos elementos dun conxunto imaxe.

    1. imaxe dixital

      Imaxe que se obtén por medio dun ordenador, que pode ser dixitalizada ou virtual.

    2. imaxe latente

      Imaxe invisible que se obtén nos cristais das emulsións fotográficas por medio dun proceso físico-químico que é provocado pola acción da luz sobre os haluros de prata que compoñen os cristais.

  10. imaxe acústica [LING ]

    Forma que teñen algunhas palabras na mente antes de ser actualizadas pola fala ou a representación gráfica.

  11. imaxe mental [XEOG ]

    Representación conceptual da realidade espacial dun individuo con respecto a un espazo obxectivo que pode ser deformado pola visión que os diferentes individuos teñen del.

Citas

  • Deberías coidar un pouco máis a túa imaxe
  • O neno é a imaxe de seu pai

Formas incorrectas

imaxen