diñeiro

diñeiro

lat denarĭu

Plural: diñeiros
    1. s

      Moeda metálica ou billete cun valor determinado e de curso legal.

    2. s

      Riqueza ou bens que posúe unha persoa, considerados no seu valor monetario.

    3. s

      Suma considerable de cartos.

    4. diñeiro negro

      Diñeiro que se obtén das ganancias feitas sen deixar constancia nos rexistros obrigatorios, para eludir a tributación ou para usalo en actividades paralelas ou ilícitas.

  1. s m [ECON ]

    Convención humana pola que se elixe un signo determinado que recibe uns valores de cambio concretos aceptados por todos e que permite realizar con maior facilidade as transaccións nos mercados.

  2. s m [NUMIS ]

    Denario romano.

  3. s m [NUMIS ]

    Unidade monetaria inferior do sistema carolinxio, que se utilizou en Europa durante a Idade Media e en parte da Idade Moderna, que tomou o seu nome do denario romano.

    1. s

      Moeda de billón de prata, cuñada en Castela e León desde o reinado de Afonso VI no s XI.

    2. diñeiro afonsino

      Moeda de billón cuñada por Afonso X o Sabio en 1252.

    3. diñeiro burgalés

      Moeda de prata cuñada por Fernando III o Santo.

    4. diñeiro preto

      Moeda de billón cuñada por Afonso X o Sabio en 1258.

Sinónimos

Confrontaciones

fortuna

Citas

  • Facer esa viaxe aínda nos costa un diñeiro, Esta cantidade é pequena, isto non é diñeiro
  • O diñeiro que lle deu non lle chegou para pagar a compra do mes
  • Son xente de diñeiro, Ten moito diñeiro en bens inmobles

Frases hechas

  • 2 Aforrar.

  • 2 Estar as cousas moi caras. Ex: A comida cada vez est

  • 2 Gastar os cartos sen sacarlle proveito.

Refranes

  • A campás de Amiudal din sempre que repenican: ¡Quen ten, val; que ten ten val!
  • A pouco diñeiro, pouea saúde.
  • Agora que teño moeda, xa podo cantar, se me peta.
  • Ande o diñeiro que é ben lixeiro.
  • Anden diñeiros que todos bailaremos.
  • Anque che o diñeiro sobre, se non tes caridade chámate pobre.
  • Ás barbas con diñeiros fanlle honras os cabaleiros.
  • Baralla diñeiro, sexa teu ou sexa alleo.
  • Ben cheira o diñeiro, inda que veña dun esterqueiro.
  • Bo é ter diñeiro e casa con pote, tixola e pucheiro.
  • Burro cargado de ouro conségueo todo.
  • Cando o diñeiro fala, todos calan.
  • Coa prata todo se alcanza.
  • Con cartos na bulsa calquera runfa.
  • De arrieiro a arrieiro non pasa diñeiro.
  • De diñeiro e bondade, a metade da metade.
  • De diñeiro e santidade quita sempre a metade.
  • Déannos diñeiro e non nos dean consellos.
  • Diñeiro busca diñeiro.
  • Diñeiro é o que diñeiro vale.
  • Diñeiro e vida compoñen casas e vilas.
  • Diñeiro esquecido non fai mercede nin fai amigo.
  • Diñeiro gaña diñeiro.
  • Diñeiro haxa, que gusto non falta.
  • Diñeiro que gardado está non gaña pan.
  • Diñeiro que vai e vén o seu dono mantén.
  • Diñeiro teña o meu amo, que lle sobrarán criados.
  • Diñeiro, siso e lealdade, menos aínda da metade.
  • Diñeiros e amores mal se encobren.
  • Don diñeiro é gran cabaleiro.
  • Dous andares ten o diñeiro, vén despaciño e vaise lixeiro.
  • En falando de diñeiro e santidade, a metade pola metade.
  • Haxa diñeiro no bulsón, que non faltará quen lle faga o so n.
  • Máis vale din de moeda que don sen renda.
  • Máis vale din que don.
  • Mal anda o tempo, cando o que non pode a xusticia, pódeo o diñeiro.
  • Mal se avén o don sen o din.
  • Mal soa o don sen o din.
  • Meu diñeiro manso ¿quen te volveu bravo?
  • Non che importe non ter don, se tes din.
  • Non hai diñeiro coma o primeiro.
  • Non hai mellor amigo que un peso na faldriqueira.
  • Non hai mellor cabaleiro que don Diñeiro.
  • O amigo máis certo é o diñeiro.
  • Ó comerciante que non ten diñeiro cústalle caro ir a poleiro.
  • O diñeiro "fai o home enteiro.
  • O diñeiro bo e o malo gástanse de contado.
  • O diñeiro do avarento a ninguén lle dá contento.
  • O diñeiro do mesquiño dúas veces anda o camiño.
  • O diñeiro do obreiro entra pola porta e sae polo fumeiro.
  • O diñeiro do pobre, aoque queira acougar, non pode.
  • O diñeiro do ruín gástase dúas veces sen se lucir.
  • O diñeiro do sogro afúndese en preitos todo.
  • O diñeiro do usureiro dá dez voltas ao quinteiro.
  • O diñeiro é calado, a ninguén di se foi roubado.
  • O diñeiro é de quen o agarra, a gloria é de quen a gaña.
  • O diñeiro é gran cabaleiro.
  • O diñeiro é o amo do mundo enteiro.
  • O diñeiro é para contalo e as chaves para gardalo.
  • O diñeiro é tan mal amo como tan mal criado.
  • O diñeiro en todo tempo é bo compañeiro.
  • O diñeiro fai o cabaleiro.
  • O diñeiro manda.
  • O diñeiro nunca perde o tempero.
  • O diñeiro pódeo todo.
  • O diñeiro sempre vén a xeito.
  • O diñeiro trae os homes ao retorteiro.
  • O diñeiro vaise ao diñeiro e o folgar ao cabaleiro.
  • O mellar amigo, a bulsa.
  • O mellar amigo, un peso.
  • O mellar don é o don do diñeiro.
  • O mellar medianeiro é o diñeiro.
  • O mellar menciñeiro é o diñeiro.
  • Os cartas fan moitos homes listos e moitos homes parvos.
  • Os cartos cóllense unha vez, cóntanse tres.
  • Os cartos, todos queren arrapañalos.
  • Os diñeiros do sancristán, por onde veñen, van.
  • Q diñeiro é tan bo servidor como mal se ñor.
  • Quen diñeiro ten, merca o que quere.
  • Quen ten din ten don.
  • Quen ten diñeiro sempre anda no peneiro.
  • Se o corazón fose aceiro, non podía con el o diñeiro.
  • Se o corazón fose de aceiro, non o vencía o diñeiro.
  • Se o diñeiro é forte, máis forte é a marte.
  • Tanto é o teu valer coma o teu ter.
  • Un bo medianeiro foi sempre o diñeiro.
  • Un peso na casa non pare outro.
  • ¿Por que vai a vella á casa da moeda?: por se algo se lle pega.