agulla
lat acucula ‘agulla pequena’ dim de acus ‘agulla’
-
s
f
Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.
-
s
f
-
Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.
-
Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.
-
-
s
f
-
Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.
-
Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.
-
-
s
f
Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos
-
s
f
[ARQUIT/DEC ]
Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.
-
-
s
Barra grosa de ferro, cunha argola nun dos extremos, que era empregada en artillaría para diferentes usos.
-
agulla de fusil
Arame delgado que os soldados levaban na correa da cartucheira para limpar e desatascar o canón dos fusís de pistón.
-
agulla percusora
Pequena barra de aceiro destinada a bater o fulminante do cartucho nos antigos fusís de agulla. Posteriormente foi substituída polo percusor.
-
s
-
s
f
[BOT ]
Folla longa e delgada.
-
-
s
Cada un dos trozos de raíl afiados por un extremo e articulados polo outro, que guían as rodas do ferrocarril nos cambios de vía.
-
s
Nome dado a todo o conxunto que constitúe a desviación.
-
agulla aérea
Dispositivo que, nas liñas electrificadas, corresponde aos cambios de vía e permite aos pantógrafos pasar axeitadamente dunha catenaria a outra.
-
agulla de descarrilamento
Agulla instalada xeralmente en vías secundarias que fai descarrilar o tren ou vagón para evitar que entren nunha vía indebida.
-
s
-
-
s
Barra de aceiro imantado, libre para poder xirar enriba dun punto que se orienta na dirección do meridiano magnético do lugar onde se atopa.
-
s
Cada unha das barras de aceiro provistas dunha punta cambiable que regulan o diámetro do chorro de cada inxector e, polo tanto, a potencia da turbina, nas turbinas Pelton.
-
agulla de declinación
Agulla magnética empregada para medir a declinación magnética.
-
agulla de inclinación
Agulla magnetizada empregada para medir a inclinación magnética.
-
agulla de inxector
Órgano de regulación fina da cantidade de combustible que pasa do inxector ao cilindro dun motor de encendido por compresión.
-
agulla estática
Agulla imantada que grazas á súa construción, non se ve afectada pola acción do magnetismo terrestre.
-
s
-
s
f
[GRÁF ]
Punzón de ferro ou de aceiro para debuxar o que se vai gravar á augaforte.
-
s
f
[MED ]
Instrumento punzante, xeralmente unido a unha xeringa que se emprega para inxectar ou extraer substancias no organismo.
-
s
f
Tira metálica pequena empregada en certos aparellos de medida e precisión para sinalar o correspondente valor sobre unha gradación xa establecida ou ben a posición de equilibrio.
-
agulla de fonógrafo
[TECNOL ]
Parte móbil dunha cápsula fonocaptora.
-
agulla de pastor
[PLANTA ]
Planta herbácea anual, da familia das apiáceas, de talo estriado, follas bi ou tripinnadas e froito cilíndrico e comprimido lateralmente.
-
agulla de portal
[HIST ]
Funcionario que durante a Idade Media cobraba o paso polas portas nunha cidade ou vila amurallada.
-
agulla do temón
[MAR ]
Cada unha das pezas pequenas sobre as que xiran as porcas do temón.
-
agulla dos minutos
Dispositivo que, nun reloxo, sinala os minutos.
-
agulla xiroscópica
[MAR ]
Instrumento de orientación baseado nas propiedades do xiroscopio.
Sinónimos
Confrontaciones
desvíoCitas
- A agulla sinala sempre o norte magnético
- As agullas marcan as cinco e media da tarde
- Cambiaron a agulla a tempo para que non chocaran os trens
- Collemos un bo feixe de agullas nun saco para facer lume
- Cóseme o botón coa agulla que tes nesa caixa
- O helicóptero chocou precisamente coa agulla desa montaña
- O novo edificio da caixa de aforros ten unha cúpula rematada en agulla
- O sistema de agullas funciona electronicamente
- Para a doazón de sangue empregan unha agulla maior
- Tes que colocar ben a agulla para que suxeite ben o pelo
Frases hechas
-
Buscar unha agulla nun palleiro. Imposibilidade de atopar algo.
-
Non saber enfiar unha agulla. Non saber realizar as tarefas dom
-
Pasar polo cu dunha agulla. Facer algo imposible.
-
Vivir da agulla. Ga