acidez

acidez

ácido

Plural: acideces
  1. s f

    Calidade de ácido.

  2. s f [QUÍM/FÍS ]

    Indicación cuantitativa das propiedades ácidas dunha substancia, que mide a súa tendencia a ceder un protón ao solvente e que se expresa numericamente polo pH.

  3. acidez de estómago [PAT ]

    Sensación de malestar estomacal producida por un exceso de ácido no zume gástrico.

  4. acidez do solo [XEOL ]

    Grao de acidez do solo, debido á composición química da rocha base e ás condicións da evolución do solo.

Sinónimos

Citas

  • A acidez das túas respostas non te vai levar a ningures
  • A acidez do limón utilízase para quitar a graxa