diferenciación
diferenciar
-
s
f
Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.
-
s
f
[MAT ]
Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.
-
s
f
[BIOL ]
Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas.
-
-
diferenciación metamórfica
Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.
-
diferenciación magmática
Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa.
-
diferenciación metamórfica
-
diferenciación evolutiva fisiolóxica
[BIOL ]
Presenza nas especies de características morfolóxicas idénticas aparentemente, pero diferentes na súa fisioloxía.
-
diferenciación social
[SOCIOL ]
Proceso mediante o que os individuos ou grupos adquiren funcións diferentes e especializadas co seu correspondente status.
Confrontaciones
distinciónCitas
- Antes do exame de literatura o profesor fixo unha pequena diferenciación entre o que é tema e argumento