distinción

distinción

lat distinctĭōne

Plural: distincións
  1. s f
    1. Acción e efecto de distinguir ou distinguirse.

    2. [FILOS ]

      Diferenza entre dous ou máis seres, realidades ou dimensións do real, en virtude de que unha cousa non é a outra, ou ben non se considera que o sexa.

  2. s f

    Calidade das persoas ou cousas que destacan pola súa elegancia e refinamento.

  3. s f

    Premio ou recoñecemento que se lle concede a alguén e que o distingue dos demais.

Confrontaciones

diferenciación

Citas

  • Alí sempre foi tratado con moita distinción
  • Hai unha clara distinción entre uns viños e outros
  • Os mellores cadros obtiveron distincións, Outorgáronlle unha distinción honorífica como galardón aos seus méritos militares
  • Vese a súa distinción na delicadeza coa que decorou o salón