deus, deusa

deus, deusa

lat deus

Plural: detritos
  1. s [MIT ]

    Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto.

  2. s m [RELIX ]

    Ser supremo. O concepto de Deus, que naceu como resposta ao misterio da existencia, pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo).

  3. s

    Persoa ou cousa pola que se sente veneración.

Citas

  • Ese xogador é como un deus para os afeccionados do seu equipo

Refranes

  • A Marica Montón Deus llo dá, Deus llo quita e Deus llo pon.
  • A quen Deus quere axudar, O vento apáñalle a leña.
  • A quen Deus quere ben, a sorte buscalo vén.
  • A quen Deus quere ben, cáelle a sopa no mel.
  • A quen Deus quere, a casa tella.
  • Alá me leve "Dios" onde nos atopemos todos nós.
  • Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos.
  • Cada un é para si e Deus para todos.
  • Cando Deus amañece, para todos amañece.
  • Cando Deus dá a chaga, dá o remedio para sanala/curala.
  • Cando Deus dá a fariña, vén o demo e quítaa.
  • Cando Deus dá, non é migalleiro.
  • Cando Deus dá, para todos dá.
  • Cando Deus non quere, os santos non axudan.
  • Cando Deus quere, con tódolos ventos chove.
  • Cando Deus quería, eu ben lonxe cuspía; agora que non podo, cuspo ao meu modo.
  • Cando é de morte o mal ¡de Deus lle veña o remedio!
  • Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
  • Dá Deus ás á formiga para que morra máis axiña.
  • Dáo Deus na eira e tólleo Marta na amasadeira.
  • De hora en hora Deus mellora.
  • De,us nos dea con que riamos, que bos traballos pasamos.
  • Déao Deus na eira e cózao Marta na lareira.
  • Despois de "Dios", o pote, a cazola e nós.
  • Despois de Deus a ola; todo o demais é parola.
  • Deus castiga e non dá pauso
  • Deus castiga ÓS que ben quere.
  • Deus castiga sen pau e sen pedra.
  • Deus comigo, eu con el, el primeiro, eu tras del.
  • Deus consente ata ao que mente.
  • Deus dá o frío a conforme é o abrigo.
  • Deus dá o frío segundo é a roupa.
  • Deus dá para todos.
  • Deus dea paciencia e mal sen interquenencia.
  • Deus é bo pagador.
  • Deus é grande; e o mundo, pequeno.
  • Deus fai a mercede, mais tamén algo quere.
  • Deus molla os xustos e os pecadores, o mesmo polos días que polas noites.
  • Deus no ceo e na terra o diñeiro.
  • Deus non axuda ao que non se axuda.
  • Deus non é vello, pois nace tódolos anos.
  • Deus non queda con nada de ninguén.
  • Deus non ten toueas mais quita dunhas e pon noutras.
  • Deus nos dea ira, que paciencia xa a ternos.
  • Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán.
  • Deus que nos ten acá, sen mantenza non nos deixará.
  • Deus todo o oe e todo o ve e dálle ao home o que convén.
  • Deus todo o sabe, inda que todo o cale.
  • Deus vai dereito polo camiño torto.
  • Deus, que dá para a cea, dá tamén para a candea.
  • En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu parabén/o seu ben.
  • En Deus espera pero, mentres, arrenda.
  • En pequen a hora Deus obra e mellora.
  • Hoxe mal, mañá peor: ¡vállanos noso Señor!
  • Máis Ile vale a quen Deus axuda que a quen moito madruga.
  • Mellor vai quen Deus axuda, ca que n moito madruga.
  • Non é o que a lúa pinta, que é o que Deus dicta.
  • Non fere Deus coas dúas mans.
  • Non hai mal a onde Deus non acuda.
  • O home propón e Deus dispón.
  • O que estea de Deus non o leva o demo.
  • Ou a Deus ou ao demo ninguén deixa de servilos, senón o que serve a entrambos.
  • Se Deus non me quere, o demo me roga.
  • Se Deus quer, non nos ha faltar que comer.
  • Sempre Deus pon o remedio, onde a morte a enfermidade.
  • Tocan á misa: Deus nos perdoe, se non podemos oíla.
  • Vale máis quen Deus axuda ca que n moito madruga.
  • ¡Deus di ante e o carro que cante!
  • ¡Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar!
  • ¡Deus perdoe ÓS mortos e con saúde os enterremos!
  • ¡Deus sexa louvado, que témo-Io curral estrado!
  • ¡Deus vos manteña e máis que veña!
  • ¡Fortuna che dea Deus, fillo, que o saber pouco che abonda!
  • ¡Que Deus te socorra e a min que non me desampare!