desgraciado -da
desgraciado -da
desgraciar
-
p reg
desgraciar.
-
adx
Que sofre unha desgraza. Tm s.
-
adx
Que está dominado pola mala sorte.
-
adx
Que comporta ou causa desgraza.
-
s
Persoa que merece desprezo.
Citas
- Casou cun desgraciado que lle fixo a vida imposible
- Descendía dunha familia desgraciada á que nunca lle sorriu a fortuna, É un desgraciado ao que nada lle sae ben
- Enviaron axuda para aquelas desgraciadas xentes víctimas da miseria, Deulle cartos a un desgraciado que pedía nun banco do parque
- Para nós fora un día desgraciado
- Un desgraciado suceso impediu que se realizasen os seus soños
Refranes
- A hora mala é para quen a esquece, que ela estaba deitada.
- A peor gracia é caer na desgracia.
- Alá vai o mal onde comen ovos sen sal.
- Da árbore que está no chao, todos cortan un ramallo.
- Dos desgraciados nacen os avisados/escarmentados.
- Moito mal espanta e pouco mata.
- Ó malo ninguén se afai.
- Polo seu mal nacéronlle ás á formiga.
- Unha no ano, e esa non ten dano.
- ¡Alá vaias, mal, onde che poñan bo cabezal!