curvatura
curvatura
lat curvatūra
-
s
f
-
Calidade de curvo.
-
Forma curva dun corpo.
-
-
s
f
[MAT ]
Límite da razón, nunha curva plana, entre a variación da inclinación da tanxente sobre un arco dado e a lonxitude deste arco ao facelo tender a cero.
-
curvatura de campo
[FÍS ]
Aberración xeométrica que consiste na imposibilidade de conseguir imaxes nítidas sobre unha superficie plana dun obxecto plano e perpendicular ao eixe dun sistema óptico.
-
curvatura do espazo
[FÍS ]
Propiedade xeométrica do espazo-tempo, no marco da relatividade xeral, pola que este se curva por mor da presenza de materia.
-
raio de curvatura
[MAT ]
Raio dunha circunferencia que ten unha curvatura que coincide coa dunha curva nun punto dado. Esta circunferencia recibe o nome de círculo de curvatura ou de círculo osculador.
Citas
- A curvatura da bóveda de canón