curva

curva

lat curva, f de curvu ‘curvo’

Plural: curvas
  1. s
    1. Liña curva.

    2. Anaco curvo que presenta algo que ten unha estrutura lineal.

    3. Forma máis ou menos redondeada que presenta o corpo dunha muller.

    1. s

      Representación gráfica mediante unha liña da variación dunha magnitude respecto a outra ou da evolución dun determinado fenómeno.

    2. s [MAT ]

      Conxunto de puntos cunhas coordenadas, respecto a un sistema de referencia dado, que se poden expresar como funcións continuas dun só parámetro.

    3. curva característica [TECNOL ]

      Curva que representa a relación entre dúas ou máis magnitudes referidas ao funcionamento dun elemento, compoñente, transdutor ou dispositivo electrónico.

    4. curva clinográfica [XEOG ]

      Representación esquemática que, mediante unha liña que une determinados puntos no plano, representa o valor medio das pendentes nos diferentes puntos dunha rexión xeográfica, en función das alturas correspondentes.

    5. curva de Barcroft [BIOQ ]

      Representación gráfica da concentración de osíxeno da hemoglobina respecto á presión parcial de osíxeno en sangue.

    6. curva de crecemento [BIOL ]

      Representación gráfica da variación do número de células ou de individuos dunha poboación ao longo do tempo.

    7. curva de Meyer [QUÍM ]

      Representación gráfica do volume atómico e doutras propiedades dos elementos químicos respecto ao volume atómico.

    8. curva de nivel [XEOG ]

      Liña que une determinados puntos no plano e que se emprega nas representacións cartográficas para unir os puntos de igual altitude, tendo como referencia un plano horizontal.

    9. curva de supervivencia [ECOL ]

      Representación gráfica do logaritmo do número de superviventes dunha poboación ao longo do tempo.

    10. curva de temperatura/térmica [MED ]

      Representación gráfica da variación da temperatura corporal ao longo do tempo no transcurso dunha enfermidade.

Antónimos

Citas

  • As mozas que saían na revista tiñan moitas curvas
  • Cando tiña que debuxar, en vez de facer trazos rectos facía curvas
  • Hai que reducir de velocidade antes de entrar na curva para que agarre mellor o coche