cultura
cultura
lat cultūra
-
s
f
Conxunto de coñecementos non especializados que adquire unha persoa como froito do estudo ou da experiencia.
-
s
f
[ANTROP/CULT ]
Conxunto de tradicións, formas de vida e ideais dun pobo, dunha sociedade ou de toda a humanidade, que abrangue toda manifestación xurdida da convivencia propia dos humanos.
-
cultura corporativa/empresarial/organizativa
[SOCIOL ]
Sistema de valores e símbolos da sociedade ou organización compartida polos seus membros.
-
cultura de masa
[SOCIOL ]
Conxunto de coñecementos xeneralizados e difundidos polos medios de comunicación de masas.
-
cultura política
[SOCIOL ]
Pautas de orientación psicolóxica cara aos obxectivos políticos que predominan entre os membros dun grupo ou nación.
-
cultura popular
[SOCIOL ]
Cultura creada de forma autónoma polo pobo non ilustrado e que deu lugar aos refráns, mitos, lendas ou contos.
Antónimos
Citas
- Seu pai era unha persoa cunha gran cultura, En pouco tempo aprendeu nocións de cultura xeral daquel país que a acollera