cubrir

cubrir

lat cooperīre

  1. v t

    Poñer ou estar algo por riba ou diante dalgunha persoa ou cousa para protexela ou ocultala.

  2. v t

    Estenderse ou ocupar completamente algo unha superficie.

  3. v t

    Encher os ocos dalgún escrito ou documento cos datos que se piden.

  4. v t
    1. Igualar os ingresos aos gastos.

    2. Pagar ou satisfacer unha débeda, un gasto ou unha necesidade, fundamentalmente de tipo ecónomico.

  5. v t

    Colocarse o animal macho sobre a femia para copular.

  6. v t

    Defender ou protexer mediante tropas ou obstáculos naturais unha posición, unha praza, un barco, un flanco ou unha retagarda.

  7. v t

    Informar os medios de comunicación ou alguén sobre un determinado asunto.

  8. v t [DEP ]

    Controlar os movementos dun xogador adversario dentro dunha área determinada do terreo de xogo.

  9. v t

    Facer que alguén teña unha gran cantidade de algo que se expresa. Tm v pron.

  10. v t

    Alcanzar o nivel da auga na que se introduce algo ou alguén unha altura determinada. Tm abs.

  11. v i

    Compensar algo os gastos que orixina.

  12. v pron

    Quedar algo tapado por unha cousa.

  13. v pron

    Tapar alguén o seu o corpo ou parte del con roupa.

  14. v pron

    Colocarse nun lugar seguro que protexa dun ataque ou agresión.

  15. v pron [BÉL ]

    Aliñarse os soldados en ringleira, á distancia estipulada desde o peito ás costas sobre a perpendicular á liña da fronte.

Sinónimos

Citas

  • A cabalería cubriu a retirada
  • A neve cubriu o cume de Manzaneda, As queimaduras cubríanlle unha gran parte do corpo
  • A porca non deixou que a cubrise o porco
  • As entradas que venderon non cubriron os gastos, Os presupostos cubriron o custe da obra
  • Cerrou o comercio porque non lle cubría
  • Cobre a cara coas mans porque lle dá vergoña, Cubriron a casa cun tellado a catro augas, Cubriron o moble cunha saba para non manchalo, As nubes cubriron o sol e escureceu o día
  • Conforme chegou cubriuna de bicos, Despois da actuación todos a cubriron de gloria
  • Cubríronse detrás das pedras para evitar o inimigo
  • Cubriu a matrícula co lapis que lle indicaron
  • Cubriu todos os quilómetros da proba en dúas horas
  • Cubriuse de gloria despois de lle salvar a vida á vella
  • Cubriuse despois de que o recoñecese o médico, Cúbrete cun saco pola cabeza que chove moito
  • Hai que cubrir a falta de vitamina C con laranxas, O estado non cobre as necesidades básicas do individuo, Como non teñen xente non cobren os servicios mínimos
  • Naquela zona a auga cubríao ata os xeonllos, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento, adquire valor absoluto e significa ‘cubrir por completo’, Pódeste bañar con confianza que nesta beira a auga non cobre
  • O chan cubriuse de follas pola chegada do outono, O ceo cubriuse de nubes e tivemos que marchar da praia
  • O seguro só lle cobre os danos contra terceiros, Cubriu a débeda que tiña co banco
Conjugar
VERBO cubrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubro
cobres
cobre
cubrimos
cubrides
cobren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubría
cubrías
cubría
cubriamos
cubriades
cubrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrín
cubriches
cubriu
cubrimos
cubristes
cubriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrira
cubriras
cubrira
cubriramos
cubrirades
cubriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrirei
cubrirás
cubrirá
cubriremos
cubriredes
cubrirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubriría
cubrirías
cubriría
cubririamos
cubririades
cubrirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubra
cubras
cubra
cubramos
cubrades
cubran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrise
cubrises
cubrise
cubrisemos
cubrisedes
cubrisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrir
cubrires
cubrir
cubrirmos
cubrirdes
cubriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cubre
-
-
cubride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrir
cubrires
cubrir
cubrirmos
cubrirdes
cubriren
Xerundio cubrindo
Participio cuberto
cuberta
cubertos
cubertas