cubrición

cubrición

cubrir

Plural: cubricións
  1. s f

    Acción e efecto de cubrir unha cousa con algo.

  2. s f

    Tellado dunha construción.

  3. s f

    Pedra que pecha a parte superior do oco dunha porta ou ventá.

  4. s f

    Acción de cubrir o animal macho á femia.

Sinónimos

Citas

  • A cubrición do patín levoulles dous días
  • Para a cubrición da casa empregaron tella do país

Palabras vecinas

cuboide cubomedusa cubozoo cubrición cubrir cucado -da cucaña