marcar

marcar

ital marcare? longobardo *markan?

  1. v t
    1. Poñer unha marca en algo ou alguén para distinguilo e recoñecelo ou para facelo notar.

    2. Poñer o prezo a un produto comercial.

    3. [ECON ]

      Asignar o prezo aos produtos.

  2. v t
    1. Deixar marca sobre algo ou alguén.

    2. Deixar marca na personalidade dunha persoa. Tm abs.

    3. [FÍS ]

      Inducir radioactividade a un elemento ou substancia para poder detectalo e seguir os seus desprazamentos.

  3. v t

    Servir de marca ou sinal para recoñecer ou indicar algo.

  4. v t

    Indicar un aparato cantidades ou magnitudes.

  5. v t

    Accionar, no disco ou teclado dun teléfono ou noutro aparato dixital, un número. Tm abs.

  6. v t [DEP ]

    Anotar un tanto. Tm abs.

  7. v t [DEP ]

    ixiar de preto un xogador a un rival para impedir ou dificultar o seu xogo.

Sinónimos

Citas

  • A miña nai marcoulle o mandilón da escola a meu irmán pequeno
  • Aquela árbore marca a estrema dos nosos montes
  • Cando viu a pelexa marcou o número da policía, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Ti marca que che contestan nun intre
  • Ese vestido márcalle toda a cadeira
  • Hoxe os termómetros marcarán as temperaturas máis altas do verán
  • Márcame o pelo que mañá teño unha voda, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Quero que me laves e marques
  • Marcaremos esas pezas de roupa antes de que comecen as rebaixas
  • Marcoulle o lombo por ter escapado da casa
  • Marcouno o feito de ser fillo de emigrantes, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Quedou marcado pola morte do seu pai
  • Nun desfile é fundamental marcar ben o paso
  • O Celta marcou un gol impresionante na final, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Marcou de cabeza e lograron forzar a prórroga
  • O defensa marcou con perfección o dianteiro contrario
  • O profesor marcoume os exercicios que tiña que facer
Conjugar
VERBO marcar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marco
marcas
marca
marcamos
marcades
marcan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcaba
marcabas
marcaba
marcabamos
marcabades
marcaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marquei
marcaches
marcou
marcamos
marcastes
marcaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcara
marcaras
marcara
marcaramos
marcarades
marcaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcarei
marcarás
marcará
marcaremos
marcaredes
marcarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcaría
marcarías
marcaría
marcariamos
marcariades
marcarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marque
marques
marque
marquemos
marquedes
marquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcase
marcases
marcase
marcasemos
marcasedes
marcasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcar
marcares
marcar
marcarmos
marcardes
marcaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
marca
-
-
marcade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
marcar
marcares
marcar
marcarmos
marcardes
marcaren
Xerundio marcando
Participio marcado
marcada
marcados
marcadas