cura

cura

lat cura ‘coidado’

Plural: curas
  1. s f

    Acción ou efecto de curar.

    1. s

      Tratamento especial ao que se somete un enfermo coa finalidade de eliminar ou paliar a doenza que sofre.

    2. cura de altitude

      Permanencia na alta montaña como medio terapéutico.

    3. cura de augas

      Tratamento de certas enfermidades mediante diversos tipos de augas minerais.

    4. cura de desintoxicación

      Tratamento que se aplica a unha persoa para eliminar a súa dependencia fisiolóxica e psicolóxica a determinadas substancias.

    5. cura intensiva

      Aplicación continua, en departamentos clínicos especiais, dos procedementos de observación, diagnose e tratamento adecuados ás enfermidades graves.

  2. s f

    Aplicación de substancias medicamentosas e de apósitos enriba dunha ferida para que cure.

    1. s

      Sacerdote que ten ao seu cargo unha freguesía.

    2. cura de almas

      Función do sacerdote encargado dunha parroquia.

  3. s f [CONSTR ]

    Tratamento do formigón que mantén húmidas as súas superficies para impedir a evaporación da auga de amasado e suavizar a retracción.

Sinónimos

Confrontaciones

abade, párroco

Citas

  • Cámbianlle a cura dúas veces á semana
  • Descubríuselle unha enfermidade que non ten cura
  • O cura oficiou a misa en galego
  • Ten que facer unha cura de repouso