cordón
fr cordon
-
s
m
-
Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.
-
Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.
-
Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.
-
-
s
m
Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.
-
s
m
[TECNOL ]
Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.
-
s
m
[ARQUIT ]
Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.
-
cordón espermático
[ZOOL ]
Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.
-
cordón litoral
[XEOG ]
Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.
-
cordón medular
[ZOOL ]
Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.
-
cordón umbilical
[ZOOL ]
Cordón flexible que une o embigo do feto coa placenta da nai e que está constituído basicamente polas dúas arterias umbilicais e pola vea umbilical.
-
cordón sanitario
[MED ]
Conxunto de medidas hixiénicas e sanitarias que se aplican nunha rexión determinada para delimitar a extensión dunha epidemia e impedir que se transmita ao exterior.
Sinónimos
Confrontaciones
amalló, amalloa, cordelCitas
- Aínda que era moi cativa xa sabía atar os cordóns dos zapatos
- O cordón do frade tiña uns fermosos adornos nos dous extremos
- Un cordón policial impedía cruzar a praza