cadea

cadea

lat catēna

Plural: cadeas
    1. s

      Sucesión de aneis enlazados entre si, xeralmente de metal.

    2. s [MAR ]

      Conxunto de elos metálicos co que se une a áncora á embarcación.

    3. s [TECNOL ]

      Sucesión de elos de formas moi diversas, dunha gran resistencia, enlazados un a continuación do outro, que se emprega para aguantar, arrastrar, levantar cargas ou para transmitir o movemento.

    4. s [TÉXT ]

      Disposición dos urdidos para o seu transporte, imitando os elos dunha cadea.

    5. cadea de agrimensor [METROL ]

      Cadea formada por barras de ferro que se unen por medio de aneis, de dous metros de lonxitude, e que se emprega para medir terreos.

    6. cadeas antiescorregantes [TRANSP ]

      Conxunto de cadeas utilizadas nos pneumáticos dos vehículos para ter máis adherencia cando se circula sobre xeo ou neve.

  1. s f
    1. Conxunto de elementos semellantes que se suceden sen interrupción.

    2. [COMUN ]

      Conxunto de emisoras que transmiten un mesmo programa producido nun centro emisor principal.

    3. [COMUN ]

      Conxunto de emisoras de radionavegación que emiten uns sinais que indican a posición dun barco ou dun avión.

    4. [ECON ]

      Conxunto de establecementos que forman parte dun negocio.

    5. [MAT ]

      Conxunto totalmente ordenado.

    6. [MAT ]

      Sucesión de variables aleatorias, de xeito que a distribución da probabilidade dunha delas depende dos valores obtidos polas anteriores.

    7. [QUÍM ]

      Conxunto de átomos enlazados linealmente uns con outros e que constitúen o esqueleto dunha molécula ou dunha parte desta molécula.

    8. [QUÍM ]

      Serie máis ou menos longa de átomos de carbono unidos consecutivamente ou ben formando ciclos.

    1. s

      Serie ininterrompida de feitos ou de ideas que dependen uns dos outros.

    2. cadea de montaxe [IND ]

      Conxunto de máquinas e equipos empregados na fabricación en cadea.

    3. cadea respiratoria/transportadora de electróns [BIOL ]

      Sistema de transporte de electróns que se aproveita na oxidación biolóxica de substratos para a obtención da enerxía redutora que conteñen, e que se atopa nas membranas das mitocondrias e das bacterias.

    4. cadea trófica/alimentaria/nutricional [ECOL ]

      Concepto ecolóxico que describe as relacións de produción, depredación ou aproveitamento nunha sucesión lineal de organismos, que constitúen os distintos niveis ou elos da cadea.

    5. traballo en cadea [IND ]

      Sistema de produción no que o material pasa por diferentes máquinas ou equipos, dispostos para que cada un efectúe a operación correspondente á orde que ocupa no proceso.

  2. s
    1. [DER ]

      Pena de reclusión nun presidio que pode ser temporal ou para toda a vida.

    2. Lugar no que cumpre a súa pena un presidiario.

    3. Ligazón que condiciona a liberdade dunha persoa.

  3. s f [AUTOM ]

    Conxunto de elementos que serven para asegurar a emisión, a transmisión e a recepción de sinais nun servosistema ou nunha regulación.

  4. s f

    Transmisión multiplicada de oracións que ameaza desgrazas, en caso de romperse, ou que promete acontecementos afortunados, se se continúan as oracións.

  5. s f
    1. Parte do carro que atravesa a armazón, dunha banda da cheda á outra, e que dá forma á estrutura da grade e sostén o piso.

    2. Cada un dos paus encorvados que forman parte do carro, onde vai metido o pescozo dos animais de tiro.

  6. s f [TECNOL ]

    Equipo de reprodución de son que comprende unha fonte, un amplificador e os elementos reprodutores.

  7. cadea fónica/falada [LING/FILOL ]

    Conxunto indeterminado de elementos fónicos dotado de significación nunha lingua calquera.

Sinónimos

Citas

  • Cambiei de cadea porque non me gustaba a programación
  • Cando subían a áncora a cadea estaba chea de algas
  • Cometeu un delicto cando era novo e pasou varios anos na cadea
  • Despois de algún tempo ningún dos dous se sentía cómodo coa cadea do matrimonio
  • Este hotel pertence a unha cadea de hostalería con establecementos en toda Europa
  • Fixemos unha cadea humana para pedir melloras no ensino
  • Mecanizaron parte da cadea de montaxe da fábrica e varios obreiros quedaron sen emprego
  • Ponlle o cadeado á maleta antes de marchares.
  • Regaloulle unha cadea de ouro, O portal está pechado cunha cadea chea de ferruxe
  • Toda a familia sufriu unha cadea de desastres naquelas datas
  • Visitamos a cadea dos Alpes antes da temporada de inverno

Frases hechas

  • En cadea loc adv En sucesi

Refranes

  • As silveiras e os ladrón s, inda que se prendan, non son bos.

Palabras vecinas

cádavo caddie* caddo cadea cadeado cadeeira cadeira