coñecemento

coñecemento

coñecer

Plural: coñecementos
  1. s m

    Acción e efecto de coñecer ou coñecerse.

  2. s m

    Facultade que ten unha persoa de percibir e de relacionarse co mundo que o rodea.

  3. s m

    Todo aquilo que se coñece sobre un saber, ciencia ou materia.

    1. s

      Función e acto da vida psíquica que se caracteriza polo seu carácter representativo e, no caso do coñecemento humano, obxectivo. Fálase de coñecemento sensitivo ou sensible e intelectivo ou intelectual, propiamente humano.

    2. s

      Función e acto intelectuais, mediante os que o suxeito aprehende o obxecto ou o establece como tal, ao recoñecelo como unha realidade en si.

    3. teoría do coñecemento

      epistemoloxía.

  4. s m [DER ]

    Exame xudicial das actuacións.

    1. s

      Documento que o capitán dunha nave asina e remite ao armador, polo que recoñece as mercadorías cargadas e as condicións do transporte.

    2. coñecemento aéreo

      Documento que acredita o libramento da mercadoría a un empresario encargado de facer o seu transporte por este medio, onde están sinalados o contido e as condicións.

    1. coñecemento lingüístico activo/produtivo

      Capacidade de produción da lingua falada e escrita que ten unha persoa.

    2. coñecemento lingüístico pasivo/receptivo

      Capacidade que ten unha persoa de comprender a lingua falada e escrita doutra ou doutras persoas.

Confrontaciones

consciencia

Citas

  • Non tiña coñecemento dese asunto tan turbio
  • Os seus coñecementos dese campo son moi reducidos
  • Perdeu o coñecemento despois de recibir a noticia

Refranes

  • Anque vou e veño, ben sei o que ao lume teño.
  • Cada cal fala daquilo que trata.
  • Cada un sabe ben onde lle manca o zapato.
  • Cada un sabe onde lle manca o seu zapato.
  • En longos camiños coñécense os amigos.
  • Fai o que saibas, para que en todas partes caibas: que o que sabe, en tódolos lados cabe.
  • Mal coñecerás a quen nunca viches nin verás.
  • O ouro e o home, en tocándoo, logo se conoce.
  • Poucos hai que se coñecen e moitos que se descoñecen.
  • Se queres saber quen es, pregúntallo o teu veciño.