coñecer

coñecer

lat cognoscĕre

  1. v t

    Formar ou ter na mente unha idea de algo. Tm abs.

  2. v t

    Dominar unha materia ou unha cousa determinada como para facer uso dela.

  3. v t

    Saber que é ou como é alguén ou algo porque se ten visto ou se oíu falar del.

  4. v t

    Estar relacionado cunha persoa ou tratar con ela.

  5. v t

    Estar informado de algo.

  6. v pron

    Apreciarse nalgunha cousa un efecto positivo ou negativo doutra.

  7. v pron

    Ser algo evidente.

Antónimos

Citas

  • A Pepe coñéceno normalmente polo Furafollas
  • Coñece moi ben todos os lugares de moda da cidade de París, Coñecemos Tenerife da viaxe que fixeramos en outubro
  • Coñéceo de velo, pero nunca falou persoalmente con el, Non coñezo a persoa á que te refires
  • Coñécese que non o atopou e decidiu dar volta
  • Coñéceselles ben aos ovos que lles botas penso ás galiñas
  • Coñecinte de lonxe polo andar, Coñece moi ben os viños da rexión
  • Coñezo moi ben o asunto que saíu na prensa estes días
  • Non coñezo moito o seu fillo, pero si o seu pai
  • O carpinteiro que me recomendaches coñece moi ben o seu oficio
  • O home coñece o medio que o rodea, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, O home coñece desde que nace
  • O meu avó coñeceu a fame na súa infancia
Conjugar
VERBO coñecer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñezo
coñeces
coñece
coñecemos
coñecedes
coñecen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecía
coñecías
coñecía
coñeciamos
coñeciades
coñecían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecín
coñeciches
coñeceu
coñecemos
coñecestes
coñeceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecera
coñeceras
coñecera
coñeceramos
coñecerades
coñeceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecerei
coñecerás
coñecerá
coñeceremos
coñeceredes
coñecerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecería
coñecerías
coñecería
coñeceriamos
coñeceriades
coñecerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñeza
coñezas
coñeza
coñezamos
coñezades
coñezan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecese
coñeceses
coñecese
coñecesemos
coñecesedes
coñecesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecer
coñeceres
coñecer
coñecermos
coñecerdes
coñeceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
coñece
-
-
coñecede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coñecer
coñeceres
coñecer
coñecermos
coñecerdes
coñeceren
Xerundio coñecendo
Participio coñecido
coñecida
coñecidos
coñecidas