convertedor
converter
-
s
m
[TECNOL ]
Máquina ou dispositivo eléctrico destinado a transformar unha corrente eléctrica de determinadas características noutra de calidades diferentes.
-
s
m
[TECNOL ]
Dispositivo destinado a codificar unha información non codificada ou viceversa, ou ben a cambiar unha información codificada noutra de código diferente.
-
s
m
[TECNOL ]
Conxunto formado polo vaporizador e polos reguladores de alta e de baixa presión nos motores de acendido por chispazo.
-
s
m
[IND ]
Aparato empregado no tratamento do ferro e do cobre en estado líquido.
-
convertedor de enerxía
[TECNOL ]
Dispositivo cunha entrada e unha saída que cambia a forma ou as características do fluxo enerxético incidente.
-
convertedor de frecuencia
[TECNOL ]
Dispositivo electrónico que forma parte da maioría dos radiorreceptores e que realiza a función de xeración local de oscilacións e as mestura co sinal recollido pola antena, de xeito que se obtén unha frecuencia inferior, denominada intermedia.
-
convertedor de imaxe
[TECNOL ]
Tubo electrónico que converte unha radiación non visible nunha imaxe visible.
-
convertedor magnetohidrodinámico
[TECNOL ]
Dispositivo que produce unha corrente eléctrica ao facer atravesar un gas ionizado por un campo magnético.
-
convertedor termoeléctrico
[TECNOL ]
pila termoeléctrica.
-
convertedor termoiónico
[TECNOL ]
Dispositivo produtor de enerxía eléctrica por quentamento dun condutor.