conversión
lat conversĭōne
-
s
f
Acción e efecto de converter ou de converterse.
-
s
f
[ECON ]
Cambio de títulos de débeda pública por outros doutra emisión ou con diferentes condicións.
-
s
f
[FÍS ]
Cambio do valor numérico dunha magnitude física que acontece como consecuencia de empregar unha unidade de medida diferente, que se realiza mediante os factores de conversión, que son a expresión do valor numérico dunha unidade en termos da outra.
-
s
f
[FILOS ]
Acción de converter unha proposición na súa inversa, na que o predicado é o suxeito da primeira e viceversa.
-
s
f
-
Evolución que segue unha escuadra formada en liña de fronte cando quere cambiar de rumbo por movemento simultáneo, de xeito que os navíos describen arcos concéntricos ao redor dun buque que fai de eixe de xiro.
-
Acción de cambiar unha tropa de fronte xirando ao redor dun eixe fixo ou móbil.
-
-
s
f
[PAT ]
Mecanismo de formación de síntomas neuróticos que funciona especialmente na histeria de conversión.
-
conversión fáxica
[MICROB ]
Adquisición de novas propiedades por parte dunha bacteria, asociada á infección por un fago lisoxénico.
-
conversión xénica
[XEN ]
Alteración nunha das dúas cadeas dun fragmento de ADN bicatenario, que fai que as dúas sexan complementarias nunha rexión onde antes había un erro de emparellamento.
Sinónimos
Citas
- Ningún can é bípedo; ningún bípedo é can); a conversión por accidente, na que se conserva unicamente a extensión (ex: Todos os tigres son carnívoros; Algúns carnívoros son tigres); e a conversión por contraposición, na que suxeito e predicado se converten, a través da anteposición da negativa, en cada un dos termos invertidos ( Todos os homes son mortais; ningún home é inmortal; ningún inmortal é home)
- Os feiticeiros tentaban a conversión dos metais en ouro, A conversión dos pagáns ao cristianismo foi frecuente desde a época dos romanos, A conversión da fécula en dextrina é un proceso bioquímico